viernes, 5 de octubre de 2012

L

este é para ti, miña nena pequena Lambda Maiúscula.
por facerme recordar o que é ser feliz.

para ti unha morea de bicos e abrazos, de sopros de aire suave rosado
de sentimentos de máquinas oxidadas e vellas
e homes intoxicados polo aceite de colza e por ti,
pola droja
a tope de ciclos pim pam pim pam...

sopro de aire fresco con borralla vella, suave e rosado
cansado nun sofá, excitado nunha pelexa
Shoeshoegazing e noites de choiva e calor... calor...
manzanilla enfriando na miña mesa
e neuronas mortas polo alcojol
a tope de ciclos pim pam pim pam...

e nada máis, quérote nalgún matiz, Laliña salvaxe e feroz, por ser toda unha jata e unha loba e por moitas máis cousas