jueves, 19 de mayo de 2011

O Superhome

Ah, poder exprimir-me todo como um motor se exprime!
Ser completo como uma máquina! 

Álvaro de Campos

Hoxe son Deus.
Hoxe é o día
en que me propuxen
darlle unha patada ó mundo.

Así son:
MÁQUINA PERFECTA AUTOSUFICIENTE.
Un vivinte mito...

E cando xa son
un DOGMA...
cando xa son
ABSOLUTO...

...aló ven xa a molestar
o pequeno artista.
A desfacer o mecanismo
e acender o motor
de sentimentos e emocións...

                                              Joe


No hay comentarios:

Publicar un comentario