Por favor, non me malinterprete, isto non é Sentimento 3 e nin sequera e Sentimento 2, posto que isto non é Sentimento, só é unha continuación de Sentimento 2.
Agora, xa en plena noite,
as luces artificiais invaden a paisaxe.
Non vexo... a lúa por ningures.
Quizáis a lúa... estea morta
e quizáis a lúa e máis eu teñamos algo que ver.
A última vez que a vín/(e as palabras de Joe esvaecéronse no pensamento...)/ brillaba e brillaba con toda a súa forza (coincidencia).
Aló no horizonte
pódese ver un moooi lixeiro resplandor
dun moooi lixeiro vermello,
coma se o sol
non morrese aínda,
como se...
está moribundo pero... está ahí,
podes apreciar a luz do sol pero en cambio a lúa está morta...
MORTA
...
Joe
No hay comentarios:
Publicar un comentario