Síntoo,
Síntoo
moito,
dóeme
moito,
malla
e
doe
ata
morrer.
Teño que vaciar a despensa, teño que comer... ou non debín tomar aquel café, ou teño que darlle unha patada ó cubo de basura ou petar cos cotenos nunha parede, ben forte.
Plac Plac Plac
Plac Plac Plac
Síntoo,
Síntoo
moito,
dóeme
moito,
malla
e
doe
ata
morrer.
A música pode anestesiar a dor, a música pode anestesiar o dor, a música sempre estivo ao meu lado, agora voulle facer a pelota á odiada música porque me convén, agora o ruído só pode empeorar as cousas. Só podo esperar a azul, podo intercalar vermello polo medio, teño que equilibralo si, igualalo, ordear a orde e maila desorde en xusta medida, ordea la medida en xusta e inxusta medida...
"...seguido
seguido
seguido
ata a fin"
Non teño que facer que fago, teño que facer e non facer ao mesmo tempo, teño que armonizar. Teño que non teño e non teño que teño; Non teño que ter que teño que non teño, agora todo esta malamente ben ou boamente mal.
Pinchazo no brazo, pinchazo no peito.
"A man esquerda, á esquerda do corpo..."
A man dereita, á esquerda tamen.
Odio a palabra bico, prefiro beso. Un beso é un beso, e un bico é unha palabra valeira. Un beso soa a beso, soa a unha cousa fluída; un bico soa a compacto e xordo, un bico podería significar o son que fas cando sintes o cruxir dunha cáscara de pipa na túa boca, un bico podería ser o son que fai a machada ó petar no leño.
Se Méndez Ferrín é Méndez Ferrín, Joe Pontevedra é Joe Pontevedra.
E isto chámase tolería divagante da dor.
Síntoo,
Síntoo
moito,
dóeme
moito,
malla
e
doe
ata
morrer.
amor = amoramarenelucesesombras.
Bah Bah Bah Bah
Borralla...
Quérote
No hay comentarios:
Publicar un comentario