miércoles, 7 de diciembre de 2011

Poema das sensacións

Aaaagh, aaaaah
o asco e o benestar distínguense por unha letra
visións de artista
(visiones de artista...)
Bolches vesches
Estou a piques de morrer, asqueado e cansado,
mmmm morrer é un pracer para os sentidos,
morrendo os sentidos agudízanse e ten lugar
a explosión sónica dos sons secretos da vida que non podiamos percibir
cos nosos limitados sentidos mortais.

Mmmm... Xa a sinto vir por min, a morte acariñándome
coma a un fillo bastardo, quéreme tanto en realidade a pobre...
Mmmm....
"Everyone will come, everyone will come
to my funeral to make sure that I stay dead.
You can't take this from me,
forbidden in heaven and useless in hell."

Aaaah son tan feliz, estades todos invitados ao meu funeral,
quérovos tanto...

aaaaah Que fas ti aquí?... mmm deixa que pense... És a nena do meu corazón?
(ela dirá: "¿Soy la niña de tu corazón?")
A felicidade reventarame os tímpanos

A miña morte é un pretexto,
para que cando vexas a miña esquela e te asustes
eu aborte os teus berros
atravesándoche a boca cos beizos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario