sábado, 28 de enero de 2012

Arte

Unha vez atei un can a un pao.
O can
estiraba o pescozo
corría
tiraba da correa
mordía a rafia trenzada con rabia
ladraba e
ouveaba
escarbaba coas patas
ía afundindo a cada tirón un pouco máis
a corda
na súa carne
sangrábanlle as enxivas dos
cortes
da fina tanza
ía esmorecendo como un cruasán
somerxido en leite
os ollos amarelos, salivación constante
vai sol, morrerá de sede
chove, morrerá de frío
apenas se sostén xa nas patas
o fociño seco, as moscas
non teñen a consideración dos buitres
ás veces pedras
na testa e o cordón xa é parte
do seu ser, aforcar é o seu confort matinal
vólvese algo masoquista o can, non?
finalmente espasmos
parece que está soñando
como soñan os cans
correndo
a escuma da boca
pastosa
lama
contra o pó reseco do chan
respiración orgásmica
orgasmo de sufrimento
e finalmente
morreu de fame.

E agora é cando iso é arte.

Son arte por fin?


Karen

No hay comentarios:

Publicar un comentario